- Tematica
As rapazas e rapaces amesás viaxarán a Asturias na cuarta das seis quendas de concellos que establece a Deputación. Deste xeito, poderán gozar de catro días (do 3 ao 6 de febreiro) nesta estacional invernal e de montaña. A cota de inscrición, de 85 euros, inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, así como monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen estas actividades e cursos.
Recoméndaselle ás persoas asistentes levar consigo certa roupa e equipamento se fora posible, como un gorro, luvas, gafas de esquí ou de sol, anorak térmico, pantalóns impermeables, roupa de rúa e deportiva, chuvasqueiro, unha mochila pequena, útiles de aseo, pixamas e roupa interior, así como crema protectora solar cun factor mínimo de 25.
Para máis información pódese acudir á esta páxina web da Deputación da Coruña, chamar ao número de teléfono 981 080 319 ou enviar un correo electrónico ao enderezo gabinete.deportes@dicoruna.gal.