- Tematica
Foron aceptadas 35 solicitudes, que optaban a conseguir unha das trece prazas para viaxar a Asturias. O sorteo para asignar estas prazas realizouse onte mércores 15 de decembro, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns. Os resultados poden consultarse ao pé deste aviso.
As trece mozas e mozos amesás viaxarán a Asturias na segunda das cinco quendas de concellos que establece a Deputación, do 21 ao 24 de xaneiro. A cota de inscrición, de 85 euros, inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, así como monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen estas actividades e cursos. As persoas que reciban a confirmación da súa praza deben entregar unha copia do aboamento da cota de inscrición.