Solapas principales

Suspéndese o cobro de recibos da Escola Municipal de Música mentres dure o estado de alarma

Miércoles, 15 abril, 2020
O Concello de Ames informa que debido ao recollido no punto 4 do Decreto 704/2020 das medidas adaptadas como consecuencia do COVID-19, con data de 13 de marzo, e ata novo aviso, quedan suspendidos temporalmente os servizos da Escola Municipal de Música de Ames.

Así, queda suspendido o cobro dos recibos e non se pasarán os recibos daqueles servizos que se encontran suspendidos mentres dure esta situación.

Da mesma maneira, o recibo correspondente á parte proporcional das dúas primeiras semanas de marzo, que se encontra pendente de cobro, pasarase unha vez que se levante o estado de alarma.

Multimedia