Solapas principales

Suspéndese temporalmente o cobro dos recibos de febreiro e marzo dos servizos de Comedor escolar, Bos días cole e Tardes divertidas

Jueves, 26 marzo, 2020
Segundo se recolle no punto 4 do Aviso sobre medidas extraordinarias en materia tributaria e información de contacto dos servizos económicos/tributarios municipais e da Deputación da Coruña, non se pasarán os recibos daqueles servizos que se atopan suspendidos polo tempo que dure esta suspensión. Deste xeito, queda suspendido temporalmente o cobro dos recibos de febreiro e marzo dos servizos de Comedor escolar, Bos días cole e Tardes divertidas.
Isto supón que o recibo correspondente ao mes de febreiro de Bos Días Cole, Comedores Escolares e Tardes Divertidas non se cobrará mentres non se levante o período de suspensión motivado polo estado de alarma sanitaria (previsiblemente no mes de abril).
 
Así mesmo, o recibo correspondente á parte proporcional do mes de marzo (do 2 ao 13 de marzo) tampouco se pasará ao cobro durante este período. Premendo ao pé deste Aviso podes descargar o aviso e decreto sobre as medidas extraordinarias aprobadas en materia tributaria.