- Tematica
Para concienciar á veciñanza de que vivir nun Ames limpo depende de cada un de nós, púxose en marcha a campaña “Cada cousa no seu sitio!”. A través do folleto informativo deseñado para esta campaña, lémbraselle aos veciños e veciñas que os RAEE (residuos de aparatos eléctricos e electrónicos) deben depositarse no Punto Limpo. Tamén se indica que os voluminosos (mobles e enseres) pódense levar ao Punto Limpo ou chamar ao número de teléfono 639 107 638 ou 609 533 516, para que os recollan na data e lugar, onde se atopa un contedor próximo, acordado no momento que se realiza a chamada.
Por outra banda, no folleto de dita campaña recórdase que a materia orgánica debe ir ao contedor verde; a materia inerte ao contedor amarelo; e os CD/DVD, cartuchos de impresora, teléfonos móbiles e baterías aos mini puntos limpos que están repartidos polo termo municipal. O vidro ten que ir ao contedor iglú verde e o papel ao contedor azul.