Solapas principales

Últimas entradas para as Brincadeiras Miúdas no Milladoiro e esgotadas as de Bertamiráns

Viernes, 27 agosto, 2021
Xa están esgotadas as entradas para acudir ás Brincadeiras Miúdas o mércores 1 de setembro no xardín do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Non obstante, quedan as últimas para asistir o 2 de setembro no parque dos Piñeiros de Milladoiro.

 As brincadeiras estarán dinamizadas por Cé Orquestra Pantasma, un polifacético músico especializado en animación infantil, no fomento do xogo libre e en achegar as crianzas á natureza. A actividade diríxese a familias con nenos e nenas de 2 anos en diante.