Solapas principales

Últimos días para inscribirse nos obradoiros de banda deseñada que organizan as Bibliotecas municipais

Martes, 8 marzo, 2022
As bibliotecas municipais de Ames prepararon para o mes de marzo unha ampla programación. Unha das actividades previstas é un obradoiro de banda deseñada, que están dirixidos á rapazada da ESO e de 3º a 6º de primaria.

Os talleres desenvolveranse no Milladoiro o venres 11, ás 17:30 horas, para nenas e nenos de 3º a 6º de primaria e ás 19:30 horas para o alumnado da ESO. En Bertamiráns, as sesións terán lugar o sábado 12, ás 10:30 horas, para a cativada de 3º a 6º e ás 12:30 horas para as mozas e mozos da ESO.

O obradoiro estará impartido por Tomás Guerrero, escritor de bandas deseñadas, ilustrador e animador 3D, que conta historias a través de imaxes e traballa neste sector dende 1995, con empresas a nivel nacional e internacional.

Ata o 9 de marzo, pódese reservar praza a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, ou ben a través do teléfono indicado para cada centro: para a biblioteca do Milladoiro, o 981 53 08 07, mentres que no caso de Bertamiráns, o 981 88 48 29.

Multimedia