Solapas principales

A unidade móbil de doazón que está hoxe en Bertamiráns cambia a súa ubicación en horario de tarde

Martes, 22 agosto, 2023
A unidade móbil de doazón de sangue, que esta mañá está instalada en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía), cambiará de ubicación durante o seu horario de tarde por mor das altas temperaturas. Deste xeito, entre as 15:30 e as 21:00 horas situarase xunto ao número 24 da avenida da Maía, na beirarrúa de enfronte.

Os únicos requisitos para poder doar son ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e esperar dúas horas para acudir despois de xantar. As persoas doantes deberán identificarse coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Ademais, haberá que informar ao médico se se está tomando algún tipo de medicamento.