Solapas principales

Xa está aberto o prazo para solicitar as subvencións para a promoción de actividades culturais

Lunes, 3 marzo, 2025
Xa está aberto o prazo para solicitar as subvencións para a promoción de actividades culturais levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio de 2025. O prazo para solicitar esta axuda, que suma unha contía de 30.000 euros, estará aberto ata o vindeiro luns 31 de marzo.

As asociacións culturais e veciñais e as comisións de festas de Ames poden solicitar axudas para a promoción de actividades culturais, cuxa contía suma neste 2025 30.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes rematará o luns 31 de marzo.

Poden optar a estas subvencións as asociacións culturais ou veciñais do concello de Ames que realicen actividades de índole cultural. Estas asociacións deben estar legalmente constituídas e deben figurar inscritas no rexistro municipal de asociacións, cos datos de inscrición debidamente actualizados.

Cumpridas estas condicións, poderán obter ata un máximo do 80% do orzamento total das actividades culturais desenvolvidas, así como da adquisición de material inventariable ou o alugueiro dos locais utilizados para o desenvolvemento das actividades. Neste último suposto, no caso de retención do IRPF, terán que presentar o xustificante da declaración correspondente na Axencia Tributaria e o xustificante de pagamento.

O importe individual das achegas concedidas non poden superar os 7.500 euros. Os obxectivos desta liña de axudas son achegar a cultura ao maior número de persoas e promover unha vida cultural estable no concello de Ames, non só con actividades programadas pola propia administración, senón tamén pola propia veciñanza e por entidades do ámbito privado.

Presentación de solicitudes
As solicitudes, xunto co resto da documentación, presentaranse na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben a través do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC). Para máis información, pódese contactar co departamento de Cultura, chamando ao teléfono 662 377 444 ou escribindo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal.