Martes, 29 junio, 2021
- Tematica
Dende hoxe, 29 de xuño, xa está operativa a columna de autolavado, inflado de rodas e reparación de bicicletas da Casa da Cultura do Milladoiro.
A iniciativa, que parte da Concellaría de Mobilidade, foi financiada con fondos municipais e ten como obxectivo facilitar o coidado das bicicletas a todas aquelas persoas que non posúen un lugar propio onde facelo.