Solapas principales

A Xunta habilita un servizo para que as persoas procedentes de fóra de Galicia con síntomas da Covid-19 poidan ser avaliadas por un profesional sanitario

Martes, 6 octubre, 2020
O Concello de Ames informa de que a Xunta de Galicia vén de habilitar un servizo para que calquera persoa procedente de fóra de Galicia con síntomas da Covid poida ser avaliada por un profesional sanitario. Este servizo está dirixido ás persoas que proveñan doutras Comunidades Autónomas ou doutros países que non sexan residentes en Galicia e, polo tanto, non teñan a posibilidade de acudir ao seu médico de cabeceira.

Dende o Servizo Galego de Saúde implantouse un procedemento que simplifica calquera trámite administrativo e permite que esa persoa con sintomatoloxía por Covid-19 poida ser avaliada de un modo áxil polos profesionais sanitarios e poidan tomar a decisión sobre proba diagnóstica, ou tratamento no seu caso, que consideren axeitada.

Este procedemento lévase a cabo a través dun teléfono, o 881 00 20 21, dende o que se xestiona o procedemento e habilítase a consulta cun profesional para a avaliación dos síntomas desta persoa. Para ver o cartel informativo desta campaña pódese premer nesta ligazón.

Multimedia