Viernes, 2 septiembre, 2022
- Tematica
O departamento de Educación do Concello de Ames convoca ás nais, pais e titores legais das novas e novos usuarios dos servizos complementarios de educación ( Bos Días Cole, Comedores Escolares e Tardes Divertidas) a unha serie de xuntanzas de presentación, dirixidas ás familias que empreguen estes servizos por primeira vez no curso 2022-2023.
As xuntanzas terán lugar nas seguintes datas, horarios e lugares:
- Usuarios/as dos servizos no CEIP Agro do Muíño e na escola unitaria da Igrexa: martes 6 de setembro, ás 18:00 horas, no comedor do CEIP de Agro do Muíño.
- Usuarios/as dos servizos no CEIP A Maía: luns 5 de setembro, ás 19:00 horas, no comedor do CEIP de A Maía.
- Usuarios/as dos servizos no CEIP de Barouta e na escola unitaria de Covas: luns 5 de setembro, ás 20:00 horas, no comedor do CEIP de Barouta.
- Usuarios/as dos servizos na EEI do Milladoiro: luns 5 de setembro, ás 17:30 horas, no comedor da EEI do Milladoiro.
- Usuarios/as dos servizos no CEP de Ventín: martes 6 de setembro, ás 19:00 horas, no comedor do CEP de Ventín.