Avisos

Por ejemplo, 12-04-2025
Por ejemplo, 12-04-2025
Viernes, 28 marzo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 27 marzo, 2025
O Concello de Ames informa sobre o cambio de data do campamento municipal de verán, que está dirixido á rapazada de sexto de primaria. Segundo puxeron en coñecementos as ANPAS dos centros de ensino a data inicial (do 25 ao 30 de xuño) coincide coa excursión de fin de curso dos rapaces e rapazas de sexto de primaria, co cal decidiuse realizar o campamento Mar de Oleiros, do 13 ao 18 de xullo. Para este campamento hai 60 prazas a un prezo de 180/persoa.
Martes, 25 marzo, 2025
O Concello de Ames abre ata o 31 de marzo o prazo para que as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o vindeiro curso 2025-2026, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas. As persoas interesadas poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames, presentando a documentación asinada dixitalmente na Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poden entregala en papel nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Ademais, as persoas sen Internet poden solicitar asistencia presencial chamando ao 981 891 476.
Lunes, 24 marzo, 2025
A actividade do programa Apego deste venres, "Meco e Sono", de Xarope Tulú e Xiana Arias, contará cun segundo pase do espectáculo por mor da alta demanda de participación. Deste xeito, manterase a primeira actuación prevista para ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e realizarase un segundo pase ás 19.00 horas. O prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves 27. Para participar, é preciso enviar un correo a normalización@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Lunes, 24 marzo, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas no programa de conciliación Primavera Lúdica 2025, para o CEP de Ventín, EEI do Milladoiro e o CEIP A Maía.
Viernes, 21 marzo, 2025
A andaina de Riamontes, organizada pola Aula da Natureza, prevista para este domingo, queda aprazada debido ás condicións meteorolóxicas que se prevén para a xornada. Deste xeito, a ruta realizarase o vindeiro domingo día 30. Haberá servizo de autobús e sairá ás 10.00 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.15 horas, do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Para calquera consulta, pódese contactar coa Aula da Natureza a través do enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
Viernes, 21 marzo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 21 marzo, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 20 marzo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que se suspenden as actividades deportivas ao aire libre debido ás previsións meteorolóxicas adversas previstas para a tarde de hoxe. Así mesmo, tamén se suspende a andaina do programa "SaúdeAndo" prevista para a xornada de hoxe e que ía a desenvolverse na localidade do Milladoiro.
Jueves, 20 marzo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Planificación e Xestión Educativa, recorda que para o curso 2025/2026 entrará en vigor a nova ordenanza reguladora da taxa pola prestación dos servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral do Concello de Ames.