Solapas principales

Proceso selectivo do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego Renova V

O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova V. O Renova V é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e promovido polo Concello de Ames conveniado co Concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.

Fecha publicación: 
Miércoles, 7 septiembre, 2022
Periodo Inscrición: 
De Miércoles, 7 Septiembre, 2022 hasta Viernes, 9 Septiembre, 2022
Información adicional: 

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o resultado definitivo do proceso selectivo para a selección do persoal directivo, docente, administrativo e alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Renova V.

Fases del proceso: 
28/09/2022
Resultados definitivos do proceso selectivo do persoal e alumnado traballador do obradoiro dual de emprego Renova V
23/09/2022
Resultados provisionais do proceso para a selección do persoal directivo, docente, administrativo e alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Renova V
20/09/2022
Resultado da fase de entrevistas do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego Renova V
07/09/2022
Bases para a selección do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego Renova V