O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP sobre a convocatoria e aprobación das bases do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de agarda para o posto de mestre/a da especialidade ENAE 0108 Montaxe e Mantemento de instalacións solares fotovoltaicas do obradoiro de emprego Renova VII.
O prazo para a presentación de solicitudes de participación na bolsa será de 3 días dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. As persoas candidatas forzosamente deberán estar inscritas na oficina de emprego como demandantes de emprego e terán preferencia as persoas que, en igualdade de condicións de cumprimento do perfil requirido, se atopen en situación de desemprego (artigo 12.5 da Orde). O número máximo de persoas candidatas a remitir realizada pola oficina de emprego para a participar no proceso selectivo para a listaxe de agarda será de dez (10), debendo considerar, na medida do posible, un mínimo de tres (3) persoas candidatas por posto.