O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 531.046,20 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro de emprego dual Renova VI terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co decreto de composición do Tribunal para unha nova selección de mestre do obradoiro de emprego Renova VI.
Anuncio co decreto de resolución do obradoiro de emprego Renova VI
Adjunto | Tamaño |
---|---|
209.61 KB |
Listaxe definitiva do persoal e do alumnado/traballador seleccionado para o obradoiro de emprego Renova VI
Adjunto | Tamaño |
---|---|
693.75 KB |
Corrección de erros dos resultados definitivos do obradoiro de emprego dual Renova VI
Adjunto | Tamaño |
---|---|
522.07 KB |
Anuncio coa composición do tribunal do obradoiro de emprego Renova VI
Adjunto | Tamaño |
---|---|
164.04 KB |
Bases do proceso de selección da sexta edición do obradoiro de emprego dual Renova VI
Adjunto | Tamaño |
---|---|
329.49 KB |
Corrección de erros nas bases de selección do obradoiro de emprego Renova VI
Adjunto | Tamaño |
---|---|
149.43 KB |