Martes, 11 abril, 2023
Ás 20:00 horas
- Tipo
- Tematica
A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. A segunda das pezas audiovisuais que se proxectará no marco deste programa será "Matria". A sesión terá lugar o martes 11 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
"Matria" é un drama social que mostra a vida dunha muller de mediana idade sumida nun contexto laboral e persoal moi precario. A galega María Vázquez, que encarna á protagonista da historia, recibiu recentemente no Festival de Málaga a Biznaga de Prata á Mellor Actriz.