Solapas principales

> Actividade "Viaxando con Rosalía"

Sábado, 4 marzo, 2023
A partir das 10:00 horas

Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, o departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza unha viaxe literaria á Casa Rosalía de Castro, en Padrón, guiada pola experta rosaliana María López Sández. Será o sábado 4 de marzo. Haberá servizo de autobús, con saída ás 10:00 horas dende O Milladoiro e regreso ás 14:30 horas. Durante a visita faranse dúas paradas, en Ortoño e en Bastavales, dous lugares que marcaron a vida da autora. 

As persoas interesadas en participar deben escribir ao correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal ou chamar por teléfono ao número 662 377 215 entre o 23 de febreiro e o 2 de marzo.