Solapas principales

>Andaina O Milladoiro-Bertamiráns

Domingo, 22 septiembre, 2024
Ás 10:00 horas

Dentro da "Semana Europea da Mobilidade" o domingo 22 de setembro, ás 10:00 horas, terá lugar unha andaina pola senda verde que une o Milladoiro con Bertamiráns. A andaina partirá da igrexa de San Xosé do Milladoiro.

Para participar, é preciso inscribirse enviando un correo ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Na inscrición hai que indicar se se precisa autobús.