Solapas principales

>Andaina saudable

Domingo, 22 septiembre, 2019
Ás 10.30 horas

Este domingo, 22 de setembro, desenvolverase unha andaina saudable pola senda verde que conecta as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro a partir das 10:30 horas. A saída será dende a Igrexa nova do Milladoiro e haberá servizo de autobús á ida, desde a Praza do Concello en Bertamiráns, ás 10:00 horas, e á volta dende o Milladoiro sobre as 14:00 horas. Esta actividade enmárcase dentro do programa da Semana Europea da Mobilidade (SEM) 2019, que se celebra do 16 ao 22 de setembro baixo o lema “Camiña e pedalea de maneira segura”.

Os/as participantes terán que percorrer arredor de sete quilómetros nos que poderán gozar de paraxes de singular beleza, lugares de interese histórico local, núcleos de poboación tradicionais e elementos de carácter etnográfico e relixioso. Para participar desta andaina é preciso inscribirse antes das 14:00 horas do próximo xoves, 19 de setembro. Pódese facer a través do correo electrónico servizos_sociaisberta@concellodeames.gal ou no teléfono 981 890 964.