Sábado, 10 diciembre, 2022
A partir das 9:45 horas
- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do seu programa de Andainas Saudables, organiza unha nova actividade pola ruta que conecta Noia e Portosín, que se desenvolverá o sábado 10 de decembro. Haberá dispoñible un servizo de autobús, con saída dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:45 horas e dende a Praza do Concello de Bertamiráns ás 10:00 horas. Para participar cómpre inscribirse premendo na seguinte ligazón ou escaneando o código QR do cartaz anexo ata o xoves 8 de decembro, ás 14:00 horas.
Os participantes sairán dende a ponte de Noia en sentido Riveira, e recorrerán diversos sendeiros a carón das praias situadas ao seu paso, ata chegar ao club náutico de Portosín e ao areal de Boa.