De Lunes, 19 Septiembre, 2022 hasta Martes, 20 Septiembre, 2022
ás 18:00 horas
- Tipo
- Tematica
A primeira actividade da programación infantil con Apego de outono de 2022 terá lugar o luns 19 de setembro no parque do Ameneiral de Bertamiráns, e o martes 20 de setembro no parque dos Piñeiros do Milladoiro, coas “Brincadeiras miúdas” de Cé Orquestra Pantasma. Esas dúas tardes, das 18:00 ás 20:00 horas, haberá concerto participativo, baile, xogos tradicionais, materiais desestruturados para xogar libremente e un espazo para crear xoguetes con ferramentas e materiais naturais. Para participar na proposta, de balde, non cómpre inscrición, e está dirixida ás familias con nenas e nenos a partir de 2 anos.
A proposta estaba orixinalmente programada para os días 1 e 2 de setembro, mais foi adiada pola previsión meteorolóxica.