Solapas principales

>Apego: Arrolos e colos musicais

Sábado, 29 febrero, 2020
Ás 11.00 e ás 12.00 horas

A especialista en estimulación musical temperá, Leticia Falcón, ofrécenos un obradoiro de arrolos e colos con música en directo para achegar as crianzas á musica e á lingua. Terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, na Aula de Usos Múltiples.

A actividade, que é de balde, está destinada a familias que estean agardando un bebé ou con crianzas que aínda non anden.

Requírese inscrición previa, xa que o límite de familias para cada unha das sesións é de 15. para formalizala, pódese enviar un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal. O prazo está aberto do 21 ao 28 de febreiro.