- Tipo
- Tematica
O alumnado de violín da Escola Municipal de Música participará este mércores, 17 de abril, ás 18.30 horas, nunha audición co obxectivo de compartir o que aprenderon ao longo deste curso. Interpretarán pezas de estilos musicais moi variados. En dita audición participará todo o alumnado matriculado nesta especialidade instrumental (23 alumnos/as). A audición realizarase na Aula 10.
Volven as audicións da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). Neste caso cunha actuación do alumnado de violín e da súa profesora Aga Mainska co obxectivo de compartir o que aprenderon ao longo deste curso. Interpretarán pezas de estilos musicais moi variados. As audicións realizadas na Escola de Música de Ames están pensadas como se foran clases abertas coa finalidade de que se desenvolvan nun ambiente familiar e o máis distendido posible.
En dita audición participará todo o alumnado matriculado nesta especialidade instrumental (23 alumnos/as). A audición realizarase este mércores,17 de abril, ás 18.30 horas, na Aula 10. Estas breves actuacións son fundamentais para a formación musical do alumando e completan a súa aprendizaxe permitindo acadar un dos obxectivos fundamentais da música: compartila cos demais.