Solapas principales

>Autocine: María Solinha

Viernes, 5 marzo, 2021
Ás 19.30 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, ten programadas unha serie de actividades para conmemorar o Día da Muller, que se conmemora o 8 de marzo. Unha das actividades previstas é a proxección do filme María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar. Esta película proxectarase nunha nova sesión de Autocine, o venres, 5 de marzo, ás 19.30 horas, na explanada do Supercor, na rúa Agro do Medio, no Milladoiro. Para asistir a dita sesión de Autocine, que gratuíta, é necesario reservar entrada na web: autocine.gal.

María Solinha, esta dirixida por Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea e maila Televisión de Galicia. Esta película está protagonizada polas actrices Laura Míguez e Grial Montes. Antes da proxección farase a presentación do filme por parte do seu director, Ignacio Vilar. Para asistir a dita sesión de Autocine, que gratuíta, é necesario reservar entrada premendo nesta ligazón.

Por este motivo, o Concello de Ames vén de publicar un bando no que se informa da prohibición de estacionamento no aparcamento da rúa Agro do Medio, na explanada do Supercor, no Milladoiro. Non se poderá estacionar dende as 23.45 horas do día 4 de marzo ata as 23.45 horas do día 5 de marzo.