Solapas principales

>"A biblioteca galáctica conta a IA fantástica" de Taraxina Teatro

Lunes, 28 abril, 2025
Ás 17.30 horas

O mes de abril é, por excelencia, o Mes do Libro, pois o día 2 celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 é o Día Internacional do Libro. Como cada ano, ambas as dúas efemérides traen un mes de programación especial nas bibliotecas do concello de Ames. Desta volta, o mes do libro incluirá obradoiros, sesións de contacontos, encontros literarios, concursos de debuxo, teatro infantil, visitas escolares do alumnado da EEI do Milladoiro á biblioteca do Milladoiro, etc. Deste xeito, o luns 28 de abril, chegará ao auditorio do Milladoiro "A biblioteca galáctica contra a IA fantástica", de Tanxarina Teatro.

O espectáculo de teatro infantil "A biblioteca galáctica contra a IA fantástica", a cargo de Tanxarina, compañía de títeres, baseado no libro de Carlos Labraña chegará o luns, 28 de abril, ao auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 17.30 horas. Esta actividade está dirixida ao público familiar. Os convites para asistir ao concerto poden adquirirse na Billeteira electrónica.

Esta adaptación teatral da novela de Carlos Labraña é un canto á amizade, á solidariedade e, sobre todo, unha defensa dos libros, da lectura e da palabra escrita fronte a unha Intelixencia Artificial inminente que quere acabar coa imaxinación e a fantasía.