Solapas principales

>Caldo de gloria

Viernes, 21 febrero, 2025

O Concello de Ames súmase un ano máis á conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis universais de Galicia e que, ademais, foi veciña da aldea da Tarroeira, na parroquia de Ortoño, durante unha parte da súa infancia.A programación deste ano, como vén sendo habitual, busca a participación da veciñanza, ofertando unha ampla variedade de actividades para todas as idades, mais poñendo o foco na poboación máis nova. Deste xeito, a programación deste ano pretende estimular e dinamizar o uso do galego entre a mocidade amesá, poñendo en valor e achegándolles referentes en canto ao uso da nosa lingua.

O venres 21 de febreiro, as crianzas dos comedores escolares municipais poderán volver a degustar un ano máis o caldo de gloria. Así pois, o alumnado dos comedores dos centros escolares de Ventín, Barouta, Agro do Muíño e Maía poderán degustar deste prato tradicional. O Caldo de Gloria aparece descrito no poema rosaliano “Miña casiña, meu lar”, en Follas Novas, no que unha muller pobre conta como consegue, fronte ás adversidades que a rodea, facer un caldo de gloria.