A Sala de usos múltiples da Casa de Cultura do Milladoiro acolle hoxe, ás 19:00 horas, unha reunión informativa sobre o programa “Vacacións en paz”. Todas aquelas familias que o desexen poden acudir a esta charla na que se ofrecerá información sobre o xeito de acollerse a este programa solidario e as cuestións que rexen o seu desenvolvemento.
“Vacacións en paz” é un programa promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a través do que centos de nenos e nenas do Sahara pasan o verán en Galicia con familias de acollida.
Na charla desta tarde participarán a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Luisa Feijóo, a delegada de SOGAPS en Ames, Esther Ibarra e algunha das familias que xa teñen acollido rapaces e rapazas do Sahara outros anos.
Os interesados/as no programa dos concellos de Camariñas. Vimianzo, Muxía, Cee, Fisterra, Corcubión, Dumbría, Zas, Santa Comba, Tordia, Val do Dubra, Trazo, A Baña, Negreira, Noia, Lousame, Porto do Son, Boiro, Padrón Rois, Brión, Ames, Teo, Vedra, Boqueixón, Touro e O Pino tamén poden acudir á charla de Milladoiro.