Miércoles, 6 marzo, 2024
Ás 18:30 horas
- Tipo
- Tematica
Ao longo de marzo, o mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará tres charlas sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en hábitos saudables e do ámbito da saúde. A médica de familia, Belén Cabana, será a encargada de impartir a primeira charla, baixo o título “Beneficios das augas termais na saúde das mulleres”, este mércores día 6 ás 18:30 horas na Casa dos Maiores de Bertamiráns.
Nesta conferencia falarase sobre os tipos de augas termais ou os efectos que teñen na saúde. Ademais, tamén se explicarán que patoloxías se tratan con estas augas e o benestar que produce acudir, tanto en grupo como individualmente, a espazos termais. A charla terá unha duración aproximada de 45 minutos.