Os días 16, 17, 18 e 19 de novembro, as casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns acollen o festival internacional de cine infantil e familiar para promover o gusto polo cinema entre as crianzas.
Entre o 16 e o 19 de novembro as nenas e nenos de Ames e do resto de Galicia teñen unha cita co mellor do cinema infantil producido no mundo no último ano. Isto é grazas á celebración de Cinema Miúdo, o festival do sétimo arte especialmente dirixido á cativada, no que a proxección de curtametraxes combínase con obradoiros creativos, actividades para escolas, sesións especiais e actuacións de música, circo e maxia. Catro días de programación pensada para brindar ás nenas e nenos a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais, sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo a través do cinema. O seu obxectivo desde 2017 é formar un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual.