Domingo, 12 diciembre, 2021
ás 12:00 horas
- Tipo
Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas como o taller de stop motion, de maquillaxe de efectos especiais ou a festa dos videoclips.
O domingo 12 será a última das xornadas de Cinema Miúdo. Durante esta xornada o festival trasládase á Casa da Cultura do Milladoiro. As proxeccións comezan ás 12.00 horas coa sección “Axóuxeres” (para rapazada a partir de dous anos). Os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.