Sábado, 11 diciembre, 2021
12:45 / 17:00 horas
- Tipo
Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas como o taller de stop motion, de maquillaxe de efectos especiais ou a festa dos videoclips.
O sábado 11 segue o Festival de Cinema Miúdo coa Casa da Cultura de Bertamiráns como epicentro das actividades. Sobre as 12:45 horas, e despois, ás 17:00 horas, volverá ser a quenda das “Buxainas” (rapazada de máis de 7 anos). Os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.