- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes O Corno, de Jaione Camborda, que gañou a Concha de ouro á mellor película no Festival de cine de San Sebastián 2023; e Salta, de Olga Osorio, unha longametraxe que adapta a curta Einstein-Rosen, realizada previamente pola propia directora. Ambas as dúas proxección serán no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os martes 7 e 14 de novembro ás 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un coloquio coas directoras dos filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.
O martes 14 de novembro, ás 20.00 horas, proxectarase o filme Salta, de Olga Osorio. Trátase dunha longametraxe que adapta a curta Einstein-Rosen, realizada previamente pola propia directora. Óscar e Teo (13 e 10 anos) son dous irmáns, moi diferentes entre si, que viven nun modesto piso de barrio. É o verán de 1989. Teo é un afeccionado ao fútbol e un pouco traveso, Óscar é un sabeo-todo, que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. En realidade, cada un trata ao seu xeito a desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme. Ao final da proxección farase un coloquio no que participará a directora do filme, Olga Osorio. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.