Martes, 4 marzo, 2025
Ás 14.00 horas
- Tipo
- Tematica
O Concello organiza, por terceiro ano consecutivo, un cocido para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 4 de marzo, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. Haberá servizo de autobús polas parroquias para acudir ao xantar e volver para casa. A temática deste ano será o cine, polo que se anima á veciñanza a asistir disfrazados con algo relacionado cunha película.
