- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames volve organizar un novo evento pensado para as persoas maiores. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 21 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. Servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames, e anímase á veciñanza a acudir disfrazados.
Xa está aberto o prazo para inscribirse no cocido. Ata o 15 de febreiro as persoas maiores de Ames poderán inscribirse para participar neste xantar. Para elo hai que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 673 739 011 / 662 377 302.
Posteriormente, unha vez rematado o prazo de inscrición, abrirase un prazo para retirar os tíckets para poder acceder ao xantar. Os tíckets poderanse recoller os días 16, 17 e 20 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, na Oficina de Voluntariado de Ames ou na Casa do Concello (no departamento de gabinete de Alcaldía).
A festa estará amenizada coa música do dúo Alborada. Ademais, trala comida farase un sorteo de agasallos, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Deste xeito, sortearanse varios vales de compras para gastar no comercio de Ames.