- Tipo
- Tematica
O departamento de Bibliotecas municipais traen un mes de abril cheo de actividades e propostas para conmemorar o Mes do Libro. Deste xeito, o martes, 2 de abril, ás 17.30 horas, con motivo do Día Internacional do Libro Infantil, está previsto un concerto no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade, que está dirixida ao público familiar, é unha das principais novidades da programación. Os convites para asistir ao concerto poden adquirirse na Billeteira electrónica.
“De aquí para alá, coas emocións”, de Lydia Botana, é unha fermosa viaxe dunha bolboreta a través de diferentes ritmos, que dá a volta ao mundo. Acompañados de xéneros musicais como a bossa nova, o rap, a salsa, o reggae ou o ska a bolboreta conseguiu recuperar as súas cores, cada unha delas representando diferentes emocións. Todo elo da man de catro artistas sobre o escenario con proxeccións de animacións audiovisuais.
