- Tipo
- Tematica
O domingo 8 de xaneiro celebrarase a última das actividades da programación de Nadal do Concello de Ames, un concerto de Reis que contará coa participación de distintas agrupacións corais: a Coral Lojo Batalla de Tapia, o Coro Parroquias de Piñeiro de Ames, a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido e o Coro Son Elas. Terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, e a duración será de aproximadamente 75 minutos. Os convites poden descargarse na Billeteira electrónica do Concello.
Cada agrupación interpretará tres ou catro temas:
- Coral Lojo Batalla: unha panxoliña de Portugal, unha habanera e unha canción popular
- Coro Parroquias de Piñeiro e Ames: "Chegaron a pé", "En navidad" e "Cuando los Reyes"
- Coral Polifónica de Bugallido: "Os cregos e os taberneiros", "Rueda de Chamosa" e "Suite comercial navideña"
- Coral Son Elas: "Verde mar", "I will follow him", "Siyahamba" e "A quen lle importa"