Solapas principales

> Conservas de froitas e hortalizas

De Sábado, 11 Noviembre, 2023 hasta Domingo, 12 Noviembre, 2023
A partir das 11:00 horas

Para o sábado 11 e domingo 12 de novembro están programados dous obradoiros de froitas e hortalizas que se impartirán nas instalacións da Aula da Natureza. Trátase de actividades enfocadas ao aproveitamento de froitas e verduras de tempada. O sábado 11 haberá un obradoiro de conservación con azucre: marmeladas, confituras, almíbares... O día seguinte, o domingo 12, realizarase un segundo obradoiro, neste caso sobre a conservación de hortalizas: salmoiras, aceites...

Os dous obradoiros impartiranse en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas. As persoas que participen poden levar comida da casa para xantar. Estes obradoiro están dirixidos a persoas de 16 anos en diante. As inscricións poden realizarse ata o 8 de novembro. Haberá servizo de autobús. Os horarios e paradas serán facilitados aos participantes.

Para inscribirse nas actividades da programación de outono hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal indicando a actividade ou actividades nas que se quere participar. Haberá que enviar un impreso de inscrición por persoa. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.

Multimedia