- Tipo
- Tematica
O programa “Animación á lectura” arrancará hoxe, venres 2 de outubro, coas sesións de Conto contiño, uns contacontos para nenos de entre 3 e 8 anos. Inaugúrase con “A Cinicleta na biblioteca” con Brais Moure. O encontro terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 17.30 horas.
O Concello de Ames presentou a nova programación da iniciativa "Animación á lectura" para o último trimestre.
Hoxe, venres 2 de outubro, celebrarase a sesión de contacontos a man de Brais Moure. Os máis pequenos poderán disfrutar na Casa da Cultura de Bertamiráns, a partir das 17.30 horas, da narración de "A Cinicleta na biblioteca". Para esta actividade ofertarase 40 prazas e cada neno poderá ir acompañado tan só de un adulto.
O prazo de inscrición está aberto dende o día 24 até o 30 de stembro. Para asitir é imprescinidble anotarse previamente chamando aos números 981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns) ou ao 981 530 807 (biblioteca do Milladoiro). Tamén se atenderá vía mail a través do enderezo biblioteca@concellodeames.gal.
A programación continuará durante os meses de outubro, novembro e decembro.