Solapas principales

>Contacontos para adultos virtual: "Pequenas historias subversivas"

Martes, 1 diciembre, 2020
Ás 18.00 horas.

O espectáculo "Pequenas historias subersivas" de Dani Blanco, trasládase as pantallas de cada veciño e veciña. Por mor das restricións de aforo, as Bibliotecas Municipais de Ames fará moitas das súas actividades de xeito virtual, trátase dos #dixicontos. Deste xeito, este contacontos para adultos poderase desfrutar a través da páxina de facebook o martes 1, o xoves 3 e o sábado 5 a partir das 18.00 horas.

 

Pequenas historias subversivas”, organizado por Dani Blanco, reflexiona sobre asuntos como se Xosé Neira Vilas sabía que, cando escribira “Memorias dun neno labrego” no ano 1961, ía provocar que 28 anos máis tarde caira o muro de Berlín ou ata que punto o azar manexa as nosas vidas. Dani Blanco falará, tamén, sobre Biófilo Panclasta, que estivo en Cangas nos anos 60, ou Cachiño, o mariñeiro Rillote, e que tivo que facer para sobrevivir a un naufraxio en Tristán de Acunha, Ademais, o público preguntarase: Que pintan Los Tamara en todo isto?

 

O martes 1 de decembro levarase a cabo o espectáculo “A pataca”, o xoves 3, “Efecto mariposa” e, por último, o sábado 5 de decembro, “Avoa”. As tres sesións a cargo de Dani Blanco.