Solapas principales

>Dance Join (de Marta Alonso) no Milladoiro

Jueves, 20 marzo, 2025
Ás 20.30 horas

O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. Unha das actuacións será a estrea da peza de danza e clown "Dance Join", de Marta Alonso, que se representará o 20 de marzo, ás 20.30 horas, no anfiteatro da Casa da Cultura do Milladoiro. No caso de que o tempo non acompañe o espectáculo trasladarase ao auditorio. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.

O primeiro dos espectáculos de danza programados para este primeiro semestre do ano será a estrea Dance Join, de Marta Alonso, e celebrarase o día 20 de marzo, ás 20.30 no anfiteatro do Milladoiro (no caso de que o tempo non acompañe, o espectáculo trasladarase ao auditorio). A representación combina a danza co clown, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico. Ademais, é unha grande explosión de xogo que busca a interacción continua co público.

Un espectáculo interactivo que combina danza e clown, deseñado para espazos non convencionais, tanto ao aire libre como en interiores. A obra mestura danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico, mentres convida o público a participar no caos controlado que presenta. Esta proposta dinámica borra os límites entre artistas e espectadores.