Solapas principales

>Danzacontos "A marabillosa viaxe da pinga Pingona"

Viernes, 22 noviembre, 2024
Ás 18:00 horas

O venres 22 de novembro, ás 18:00 horas, chegarán á Casa da Cultura do Milladoiro os danzacontos "A marabillosa viaxe da pinga Pingona". Dirixido a nenos e nenas de 1 a 6 anos, trátase de contos danzados orientados a explorar múltiples emocións a través da lingua e da música que terán como protagonistas a amizada, o respecto e a natureza. Será unha fermosa historia de empatía, escoita, comprensión e amizade, ao tempo que as crianzas exploran elementos do mar, o ceo, a terra e o ciclo da auga.

É precisa inscrición previa, entre o 15 e o 21 de novembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.