- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, está preparando unha ampla oferta de actividades para a celebración do Día do Deporte que se desenvolverá na área deportiva do Milladoiro. Este venres 16 de setembro, en horario de 16.00 a 20.30 horas, os veciños e veciñas de todas as idades poderán gozar de varias actividades deportivas axeitadas a todos os gustos. Preme nesta ligazón para descargar o programa do Día do Deporte.
Este venres 16 de setembro pola tarde, na área deportiva do Milladoiro, haberá actividades como atletismo, tenis, patinaxe, fútbol sala, taekwondo, piragüismo, xadrez, golf e crocket, baloncesto 3x3, e judo. Tamén haberá unha exhibición de spinning e ioga, ambas as dúas modalidades están incluídas no programa Ponte en forma das Escolas deportivas municipais.
Ofrécese unha extensa oferta deportiva que se ofertará ao longo de catro horas e media, repartidas en horario de tarde, de 16.00 a 20.30 horas. Dende a Concellería de deportes seguen a apostar polo lema de Ames é deporte, Ames é saúde.