Viernes, 22 noviembre, 2019
Ás 21.00 horas
- Tipo
- Tematica
O venres 22 de novembro chega á Casa da Cultura do Milladoiro a obra "Dúas Donas que bailan", interpretada polo grupo Teatro do Atlántico. Está destinada a un público adulto.
Nesta obra de Benet i Jornet o autor fainos compartir o drama, os soños e os fracasos dos seus complexos personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida, conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres esconden baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacables embates da sociedade insensible e cruel na que lles tocou habitar.