Sábado, 28 diciembre, 2019
Ás 20.30 horas
- Tipo
- Tematica
Concerto de Nadal das agrupacións corais do Concello de Ames. Terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns. A actuación esta destinada para todos os públicos e a entrada é de balde ata completar aforo.
Organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames, no concerto participarán o Coro de Oca, a Coral Lojo Batalla de Tapia, o Coro Parroquial de Piñeiro e Ames e a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido. Cada un destes grupos interpretará tres temas.