Jueves, 10 octubre, 2024
Ás 20:00 horas
- Tematica
O Goberno municipal do Concello de Ames iniciou unha rolda de visitas polas parroquias do municipio. O obxectivo destes “Encontros co Alcalde” é recorrer toda a xeografía municipal explicando o traballo que se está realizando dende o Concello, aclarando as dúbidas que poida ter a veciñanza sobre algún tema en concreto e, por último, tomar nota das reclamacións. O 10 de outubro haberá unha xuntanza no local social de Biduído, ás 20.00 horas.