- Tipo
- Tematica
Ao longo do mes de abril, no que se conmemora o Mes do Libro, as bibliotecas municipais continúan coa programación dos Encontros Literarios. Deste xeito, o mércores 9 de abril, ás 20.00 horas, o Pazo da Peregrina acollerá a presentación de "Comida para gatos e outras delicatessen indixestas" de Luz Darriba. Ademais do autor da obra, nesta sesión dos encontros literarios estará presente Nazaret López. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.
"Comida para gatos e outras delicatessen indixestas" é a última obra de Luz Darriba, artista multidisciplinar que conta con varias distincións no ámbito das artes. Este libro é unha recompilación de dez relatos nos que se plasman diferentes temáticas e inquedanzas como poden ser o amor, a frustración ou a soidade.
