Solapas principales

>Entrega en man (Contraproducións S.L.) en Bertamiráns

Viernes, 31 enero, 2025
Ás 20.30 horas

O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. A segunda das actuacións será a da peza teatral "Entrega en man", da compañía Contraproducións S.L., que se representará o 31 de xaneiro, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.

A peza teatral “Entrega en man”, da compañía Contraproducións, representarase no auditorio de Bertamiráns ás 20.30 horas. É unha obra de comedia, fundamentalmente de humor negro, baseada na América profunda e que trata temas de forte carga social como o racismo, o machismo ou a xenofobia.

Nun cotroso cuarto dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, desde aquela, leva buscando sen descanso. Un mozo negro e a súa fermosa e moza branca pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción. Unha comedia tola e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, do machismo e da xenofobia.