Solapas principales

>Entroido Amessán

Viernes, 7 marzo, 2025
Ás 17.00 horas

Un ano máis, o Concello de Ames, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza unha programación de Entroido que se desenvolverá entre o mércores 26 de febreiro ata o venres 7 de marzo, con actividades que buscan, un ano máis, a colaboración da veciñanza e asociacións do concello. Ademais, mantéñense as localizacións dos actos establecidas o ano pasado, polo que o desfile de disfraces será no Milladoiro e o desfile e concurso infantil será en Bertamiráns. Deste xeito, búscase establecer e manter nunha mesma localidade cada unha das actividades do Entroido.

O venres 7 de marzo realizarase a última das actividades dentro do Entroido en Ames 2025, que será o Entroido Amessán. Terá lugar no Centro Social do Milladoiro, a partir das 17.00 horas e todos os asistentes poderán gozar dunha tarde chea de música con moitas sorpresas e diversión.