Solapas principales

>Espectáculo "Cantaxoga"

Viernes, 11 octubre, 2024
Ás 18:00 horas

O venres 11 de outubro, ás 18:00 horas, Migallas Teatro chegará á Casa da Cultura do Milladoiro con "Cantaxoga". María Campos e Carlos Yus, acompañados por unha banda de pulgas, traen un espectáculo de música e teatro no que interpretan as cancións máis populares do grupo Migallas para bailarmos, cantarmos e rirmos a ritmo de rock, cumbia, rap, fusión étnica, etc. O espectáculo está dirixido a público familiar.

É precisa inscrición previa, entre o 4 e o 10 de outubro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.